jueves, 24 de diciembre de 2009

"Nadal de Danza" leva a escena as coreografías dos escolares composteláns

EDUCACIÓN

Beatriz Viñal, Mercedes Rosón e o responsable do Departamento de Educación, Xosé Manuel Rodríguez-Abella.

18/12/2009
O Teatro Principal acollerá o domingo 20 de decembro, ás 19:00 horas "Nadal de Danza`09". Será unha excelente oportunidade para observar en vivo as habilidades coreográficas das escolares compostelás –unicamente hai un alumno- con obras dos máis variados estilos. A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presentou o certame acompañada da coreógrafa e profesora Beatriz Viñal, da Asociación Cultural Danza Stellae, encargada xunto a Eva Cancio da organización. Xunto a elas completan o grupo de profesoras Mercedes Martínez, Silvia Miramontes, e Violeta Lado. Todas elas imparten as súas ensinanzas ás 116 alumnas e 1 alumno entre 3 e 12 anos que participan neste festival "divertido e cheo de ilusión", en palabras de Viñal.
En total levaranse a escena dez coreografías tanto clásicas como modernas: A Bela e a Besta, Tango: No me cuentes milongas, Pizzicato Polka de Silvia, La Bayadere, ¡Esto é maxia!, Esmeralda, Ícaro, A&O, O vals das máscaras, e Dreams. Son catro os colexios que participan neste Nadal de Danza: CEIP López Ferreiro, CEIP Pío XII, Colexio San José de Cluny e IES Arcebispo Xelmírez I.
Beatriz Viñal aproveitou a ocasión para anunciar que en breves semanas se abrirá unha exposición no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche sobre o traballo de danza que se realiza nos centros escolares e a participación en diversos festivais. Ademais, reivindicou un espazo para a danza na programación do Xacobeo 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario